Era unha noite tranquila sen leóns nin leopardos.
A familia de Abú o mono máis pequeno de toda a selva durmía no alto dunha árbore cando viron correr a Sera, a serpe, que viña moi esgotada do camiño tan longo que recorrera, o pai de Abú díxolle:
- ¿Que che pasa Sera, por que estás tan cansa?
Sera respondeulle:
- E que veño dicirvos que o rei nando mandoulles aos seus criados que destruiran a lagoa e ...¡quéreno facer mañá!
-Non pode ser - respondeu el moi sorprendido.
Sera dixo:
-Mañá solucionamos o problema, deica mañá, Pedro.
-Deica mañá, Sera.
A mañá seguinte Abú foi co seu pai a falar con Sera, aínda que non estaba moi enterado, sabía o da lagoa e non lle gustaba nada a idea de nando. Chegaron a casa de Sera, e mentres o seu pai falaba con esta, Abú escapouse e foi para o palacio a falar co rei, cando entrou ao palacio dirixiuse cara onde estaba o rei e alí díxolle:
- Señor xa sei que son moi pequeno pero teño dereito a dicir o que penso. Por moi rei que sexa non pode converter a nosa lagoa nunha pista de tenis par o seu palacio por que todos, incluído vostede, ten dereito a ir bañarse á lagoa cando ten calor asi que con perdón ¡ non has cambiar as cousas!
- Tes razón, neno, non sei en que estaba pensando e como desculpa o que farei será ampliar a lagoa e invitarvos a todos a unha festa no meu pazo.
E así, todo volveu ser como antes e o rei agora é máis humilde do que era.
Raquel 6ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario