Castro é o meu pobo,
moi tranquilo e sosegado.
Prados, camiños e montes,
e un río alongado.
Traballan moito no campo
porque teñen moitas leiras;
moitas cousas que plantar
para poder recollelas.
Hai casas moi xuntiñas
de cores moi bonitas¡
Non abras ningunha ventá
porque veñen as pitas!
Ven a Castro a descansar,
tes sitios para xogar.
Hai moita vexetación
e non paras de disfrutar.
En Castro hai tanta xente
que nunca estas só paseando,
atopas a Xan e a Pedro
e hai leria para rato.
A xente é boa e alegre
moi faladora e festeira
Gústanlles as festas no verán
e en Abril fan a feira.
Diego Moscoso 6ºB
8.5.08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario