UXÍO NOVONEYRA

UXÍO NOVONEYRA

10.5.08

A PITA CHOCA

A señora Pita
Leva a súa rolada
Como unha señora
moi señoreada.



_ Pío, pío, pío...
Cada pío un choro.
¡Os pitiños pían
en piante coro!


Moi señoreada
_ e a roupa mendada _
Vai a Pita Choca
Lavando a niñada.



_ Pío, pío, pío.....
¡Con piar inquedo
pían os pitiños
porque teñen medo!



Baixo da Galiña
Os pitos nun fato
Todos en rolada
¡que vén o miñatón!


_ ¡ Non hai pío, pío, pío
non hai pío, pon,
que no alto ceo
voa o miñatón.
3 anos- A!

No hay comentarios: