Neste curso os rapaces e rapazas de 3º de Primaria, coa colaboración das familias, fixemos unha recompilación de refráns e ditos referentes ao aoutono: aos seus meses, ás castañas e sobre todo, ao saborosísimo porquiño.
Aportamos cantidade e algún curioso e simpático. Lede e divertirédesvos:
- Polo Pilar os nabos na terra e o viño a envasar.
- O veranciño de San Martiño ou grande ou pequeniño.
- Sen máis tardar o trigo por Santos has sementar.
- Alegría, alegrote que anda o rabo do porco no pote
- Tres porcos son seis touciño, doce pés e tres fuciños.
- Polo San Martiño mata o pobre o seu porquiño.
- Castañas, noces e viño, son a alegría de San Martiño.
- Castaña que está no camiño é do veciño.
- Non hai que confundir touciño con velocidade.
- Por agosto nin é viño nin é mosto, polo San Andrés viño é.
- Vale máis fungo perdido que comido.
- Ditoso mes que comenza con Santos e remata con San Andrés.
- Polo Santo Andrés mata o teu porco como o tes.
- En outono bota as patacas e garda cedo as vacas.
- No día de San Martiño, abilla o teu viño.
- Non se fixo o mel para o fuciño do porco.
- A castaña ten unha maña, que vai con que a apaña.
- Auga de San Martiño, come pan e bebe viño.
- A culpa non é do porco, senon do que lle da de comer.
- Fungo regalado con discreción rilalo.
- Moito tes que saber para cogumelos comer.
- No mes dos mortos mata os teus porcos.
- Outono quente trae o demo no ventre.
- Se xantas castañas, de visita non vaias.
- Polo San Martiño, buxainas ao camiño.
- Polo San Martiño, nin fabas nin viño.
- A horta de outono mantén ao seu dono.
- Polo Santo Tomé dalle ao porco polo pé.
- Polo San Andrés a neve nos pés.
- Quen nunca tivo un porco e agora ten un porquiño, anda corricho, corrichiño
- Bo outono, ledicia do dono.
- Polo Pilar, buxainas a bailar.
- Polo San Miguel os figos son mel.
- Cogumelo murchado, xa rexeitado.
- Outono a chegar, porco a cebar.
- O que non mata porquiño, non ten lacóns nin touciño.
- 3º Educación Primaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario