UXÍO NOVONEYRA

UXÍO NOVONEYRA

8.5.08

O CABALO GARBANZO, O GATO BENGATO E A FORMIGA DOMINGA


Unha vez o cabalo Garbanzo cando estaba comendo herba atopouse co gato Bengato. Bengato preguntoulle se podía dar un paseo con el. O cabalo contestoulle que si. Os dous encamiñáronse cara un parque. Ali puxéronse a xogar nos columpios.
Cando deron as seis o cabalo dixo que tiña que ir traballar; Bengato preguntoulle se o podía axudar. Garbanzo dixolle que non.
Enton Bengato marchou cabo dunha vella maceeira para descansar, subíu ata una rama que estaba á sombra. Cando espertou e quixo baixar non puido.
Colleu medo e empezou a miañar, como non pasaba ninuén por alí pensou que podía facer.




Decidíu que o mellor era facer unhamorea de mazás e chimparse enriba delas. Asi o fixo. Cando pensou que todo rematara ben oíu un ¡ai, ai! Era Dominga, a formiga máis vella da bisbarra que estaba a pedir socorro. Bengato caera enriba dela, apartouse e disculpouse. Ámbolos dous como tiñan sede caeron nun pozo de auga, pasaron medo, os seus berros oíronse moi lonxe. Grazas que había un caldeiro cunha corda e con moito esforzo saíron de ali escalando.
Como tiñan fame pensaron que era hora de cear, despedíronse e cada un voltou á súa casa.
Fora un día cheo de emoción.





1º-B

No hay comentarios: