UXÍO NOVONEYRA

UXÍO NOVONEYRA

8.5.08

COUSAS DE CHAQUETAS E ABRIGOS

Nun país chamado Lalala todo o mundo tiña unha chaqueta ou un abrigo.Como facía tanto frío había chaquetas de todos os tipos: largas, curtas, bonitas, feas, listas, tontas.

Preguntaraste se os abrigos, igual que as chaquetas, poden ser listos, etc? ¡Pois si! No país de Lalala habíaos.Como facía tanto frío a xente quedábase na súa casa, e como algúns vivían sos, eran solteiros, por desgraza, non tiñan con quen falar, así que o abrigo ou a chaqueta podería falarlles e darlles compañía.O que decía: había chaquetas e abrigos de moitos tipos.

Un neno tiña un abrigo feo e esnaquizado, e deixouno quedar olvidado o venres no colexio. Ese mesmo día, unha nena olvidou a súa chaqueta que era moi guapa e alegre. O abrigo e a chaqueta quedáronse xuntos dous días (o sábado e o domingo). O abrigo feo chámase Rodolfo e a chaqueta bonita e coqueta chámabase Raquel.

Rodolfo estaba namorado de Raquel e quería que fose a súa moza. A pobre Raquel era cega e Rodolfo tiña voz de nena. Entón Raquel cría que Rodolfo era unha nena e acercouse a el e deulle un bico. Como lle notou os peliños asustouse e deuse conta de que era un rapaz. Rodolfo decepcionado decidiu olvidarse dela.

Rodolfo coñeceu a outra chaqueta tan fea como el e namoraronse, casáronse... pero non tiveron fillos, senon ¡paniños de man! porque cada pano significaa cantas veces se olvidaran deles. Encheron todos os petos de panos e cando xa non lles cabían máis...uniron os paniños que lles sobraban e sairon fermosísimas chaquetas.

Con tantos paniños viviron felices e limparon narices.

Rokhaya Diop 5ºB

No hay comentarios: