UXÍO NOVONEYRA

UXÍO NOVONEYRA
Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA. Mostrar todas las entradas

12.5.08

O CAMPO DE VILABOA


Na pola da árbore
Hai un pobre gatiño
Que quere comer mazás
Para encher o seu buratiño.

Na pola da árbore
Hai unha formiga
Que quere que a abella
Se faga a súa amiga.

Na herba do xardín
Hai unha lesma,
marchouse e veu outra
e pensei que era a mesma.

Na herba hai unha xoaniña
Que está todo o rato voa, voa,
E todo isto que che contei
É no campo de Vilaboa.

Sergio Barrós 3º -A

10.5.08

PAISAXES GALEGAS

Dende Corrubedo a Carregal
todo son dunas e areal.

Polas Fragas do Eume
todos pasan e nadie teme.

No alto da Serra de Ancares
colle o camiño para non tropezares.

Coa rica flora das Illas Cíes
ten coidado e non te líes.

Visita a Illa de Arousa.
¡Non che é calquera cousa!

Nas augas da praia de Razo
aos fofiños pódeslles dar un abrazo.

Se queres visitar Buño
de barro terás que encher o puño.

Toda a baía de Laxe
é unha fermosa paraxe.

Se despois de Carballo
visitas o refuxio de Verdes
entre río, fervenzas e muíños
igual te perdes.

En Camariñas fan puntillas as palilleiras.
Serás moi tonto se non as levas.

Nas estreitas rúas de Fisterra poderás pasear.
O porto e as tascas poderás visitar.

Camiño de Muros, en Carnota has de parar.
O longuísimo hórreo terás que visitar.

No porto de Muros acabar quería.
Dunha fábrica de salazón fixeron marisquería.

Jesús 5ºB

O MUNDO AO REVÉS

Érase unha vez
Un mundo ao revés,
Unha gata,
Que non tiña patas,
Un cempés
Que contaba cos pés,
Unha xirafa,
Que era moi baixa
E un cocodrilo
Que moi amodiño
Perdeuse no camiño.,
O señor lobo,
que era moi, moi bobo,
a ovella
¡que vella!
E así acaba o mundo ao revés.

Sofía Cajide Rodríguez 4º A

AS LETRAS GALEGAS

Achégase a noite
Vense as estrelas
E eu soñando
Coas Letras Galegas.

As Letras Galegas
Celebranse hai moito tempo
E nelas lembranse
Algúns escritores galegos.


Nas Letras Galegas
Moito nos divertiremos
Xogando, rindo, bailando
E lembrando as azañas
Dalgúns escritores galegos.

Andrea Espiñeira Barrela 5ºA

AS MENINAS

...No centro está a Infantiña
cunha “menina” a cada lado;
non as deixes nunca soas
¡ non vaian saír do cadro!

Nunha esquina hai unha muller.
Chámase Maribárbola.
O rei tróuxoa ao castelo,
para divertir á Infanta.

Tamén está Nicolasiño,
E o can Salomón.
Fan un dúo perfecto...
¡un pillo e un bonachón!

Valázquez permitiuse o luxo
De estar ademais no cadro.
Está contemplando un lenzo...
¿Qué haberá alí pintado?





Unha viúva e un gardadamas
Falan con despreocupación;
O peor é o seguinte....
¡ninguén escoita a conversación!


Un señor abriu a porta....
E quedou mirando a escena.
Os reis, diante, están pensando:
¡Todo isto valiu a pena!


Noelia Bello 6ºB

A BOLBORETA

A bolboreta voadora
Sempre nos está a xogar
Coas súas cores favoritas
Nunca a has olvidar.

Sempre soga coas amigas
Delas non se vai separar,
Van molestar ás abellas
¡que están a traballar!


Tamén están os mosquitos
que son malos de domar
Tócaslle sen querer
¡e xa che están a picar!

Estaremos sempre xuntas
Nas nosas pequenas flores,
Tan fermosas coma sempre
¡e con moitas cores novas!

Cristina López 6º-A

O ARCO DA VELLA

O arco da vella
coas sete cores
todas moi bonitas
pintadas nas flores.
O mermello, o primeiro
cor do nariz do paiaso
como é moi importante
deixano ir diante.
O vermello é presumido
cor do esmalte das nenas.
Que o vermello sexa benvido
para no mundo quitar as penas!
A segunda cor o laranxa
e unha cor graciosa.
ten unha froita co seu nome
e tamén é saborosa.
Agora o amarelo ven
colocado de terceiro
píntase o sol con el
e o limón do limoeiro.




No medio vai o verde


co seu grupo de amigas


van paseando polo ceo


dándolle moita alegría.


O azul esta de quinto


está ben onde está


gústalle a súa cor


cor do ceo e do mar.


Entre o azul e o morado


vai o añil.


que non é unha cor tan rara


pois rima con abril.


O morado de último vai


moito lle gusta enredar


no ceo coas súas irmás


todas xuntas a xogar.


O arco da vella


despois de chover


da moita alegría


entre as nubes ver.


4º-B

O PAXARO

O paxaro

voa, voa

entre as nubes

a xogar.

¿Onde o levan

as súas ás?

¡ Que tan alto

pode estar!



EI 4 anos B

A PITA CHOCA

A señora Pita
Leva a súa rolada
Como unha señora
moi señoreada.



_ Pío, pío, pío...
Cada pío un choro.
¡Os pitiños pían
en piante coro!


Moi señoreada
_ e a roupa mendada _
Vai a Pita Choca
Lavando a niñada.



_ Pío, pío, pío.....
¡Con piar inquedo
pían os pitiños
porque teñen medo!



Baixo da Galiña
Os pitos nun fato
Todos en rolada
¡que vén o miñatón!


_ ¡ Non hai pío, pío, pío
non hai pío, pon,
que no alto ceo
voa o miñatón.
3 anos- A!

A MIÑA ALDEA

A miña aldea é Illán,

na provincia de Lugo está

nela meu pai naceu,

brincou, xogou e correu.



Preto o Miño pasa dela

no que paseamos despois da cea,

e con meu pai imos pescar.

unha troita debemos pillar.



O domingo pola mañá,

imos todos a rezar.

Xantamos todos xuntos

coa felicidade do fogar.

Arturo Castro 5º-B

OS LIBROS

Os libro teñen maxia,

tamén son moi entretidos.

Con eles un se extasia,

porque non son aburridos.



Cos libros vívense emocións

de pegas, fadas e piratas.

Tamén proporcionan grandes ilusións,

para festexar o seu día nestas datas.



Alejandro 5ºB

O GALEGO

O galego é para disfrutar

e de ti terá que saír

aprender o que che están a ensinar.



O galego é bonito aprendelo

ao igual que o francés, o inglés

ou a ler e escribir do revés.



Para facer poesías

tamén hai que debuxar,

senón moi soso vai quedar.



E por último so teño que decir:

o galego non ten malicia.

Falalo é unha delicia.



Lucía Sosa Dequit. 5ºB

8.5.08

XOGANDO COS NOMES

XOGANDO COS NOMES

A miña amiga Irene
Ven en patinete
E o seu amigo Jonás
Escribe co compás.

João como é moi fino
Sempre come pepino
E Andrés moi cortés
Fala cun marqués.

Jorge moi elegante
Ven ao seu volante
E Caio moi feliz
Toca o violín.

Sefora co seu chal
Vai ao festival.
Yoli no seu patín
Baila cun delfín.

Nayeli e Judith
Cazan unha perdiz
Diego moi xentil
Debuxa un candil.

1º B

A PRIMAVERA XA ESTÁ AQUI.

Xa chegou a primavera
deixaranos ver as flores
ata as pintas das cerdeiras
énchense de moitas cores.

Mais o tempo está antipático
porque o aire está a soprar
¿Será o cambio climático
que todo está a estragar?

Carla 6º-A

O FONDO DO OCÉANO

No fondo do océano,

algo vai suceder

parece un casamento

e eu vouno ir ver.



Casan os dous golfiños

no arrecife do coral

a madriña e o padriño

cantan a marcha nupcial.



As medusas levan flores

os cangrexos os aneis

e os peixes de moitas cores

levan caramelos a cen.





De repente e a modiño

aparece o tiburón

cos seus dentes afiados

e os seus ollos de zampón.



Todos foxen asustados

ao ver tal aparición

pero o animal só quere

formar parte da reunión.



Ao final todos xuntos

cantan e bailan sen parar

o caracoll e a caracola,

a tartaruga e o calamar.



Sandra 6º-A

O CEO

Pouco falamos do ceo

e o por que non o entendo,

se miramos sempre para el;

xogando e ata comendo.



Sempre falamos do sol,

pero nunca da lúa.

Lembrámonos do día,

e xamais da noite escura.





A min eso non me gusta,

eu quero igualdade.

Aínda que solo sexa

por simple amabilidade.



Porque a lúa é fermosa

cando se ve no mirador;

plantada no enorme ceo,

en todo o seu explendor.



Sempre vai acompañada

polas súas amiguiñas;

unhas diante, outras detrás,

pero todas pequeniñas.



E aquí xa remata

a miña poesía,

defendendo a paridade

con moitísima alegría.





Natalia Pérez 6º-B

O MEU POBO

Castro é o meu pobo,


moi tranquilo e sosegado.


Prados, camiños e montes,


e un río alongado.





Traballan moito no campo


porque teñen moitas leiras;


moitas cousas que plantar


para poder recollelas.





Hai casas moi xuntiñas


de cores moi bonitas¡


Non abras ningunha ventá


porque veñen as pitas!








Ven a Castro a descansar,


tes sitios para xogar.


Hai moita vexetación


e non paras de disfrutar.





En Castro hai tanta xente


que nunca estas só paseando,


atopas a Xan e a Pedro


e hai leria para rato.





A xente é boa e alegre


moi faladora e festeira


Gústanlles as festas no verán


e en Abril fan a feira.


Diego Moscoso 6ºB

O CAMALEÓN

Este curioso animaliño

moi simpático che é

acércaste para miralo

e cando chegas xa non se ve.



Ten múltiples disfraces

para poderse camuflar

se non tes moi boa vista

non creo que o vaias pillar.



Posúe dous enormes ollos

que miran para todos lados

e una lingua xigantesca

para os bichos atrapalos.



Xa vedes, meus amigos

esto é unha riqueza,

hai moitos animais raros,

amigos da natureza.



Yolanda Ramos 6º-B

O SOL

Os nenos están nas casas

xogando cos bonequiños;

o sol alumea a Terra.

Alumea os seus camiños.





Non ten por onde meterse
o pobre de Lorenciño.
Os parques están desertos
pois no hai ningún meniño

Eu quero ver o sol
no ceo pintadiño.
Pois está moi fermoso
con todos os seus raíños.

Xa ven anoitecendo,
Lorenxo xa se ocultou;
agora tócalle á Lúa.
¡a ver se lle vai mellor!


Alejandra López -6ºB