UXÍO NOVONEYRA

UXÍO NOVONEYRA

8.5.08

O CASTELO ENCANTADO

No alto dun bosque, cheo de árbores, había un castelo. Un castelo que ao parecer estaba custodiado por bruxas. O castelo era moi grande, tiña vinte e unha habitacións. A máis importante era a das pocións. Alí cada día facían unha reunión onde cada bruxa elaboraba a súa poción para mostrarlla ás demais. Era moi emocionante e intrigante pois estaban todo o día preguntándose como sería a poción desta, daquela, da de máis alá, etc. Pero había unha bruxa que estaba medio tola...


Un día, uns nenos foron de excursión e preguntáronse que habería nese castelo. A bruxa tola abriulles e invitounos a pasar. Os nenos non se asustaron e pasaron tranquilamente. Ela levounos ao cuarto das pocións e vírono todo. A bruxa malvada, aproveitando que os nenos estaban alí colleu unha poción e envelenou ao neno. Empezouse a poñer moi enfermo e saíronlle grans na cara. A nena marchou correndo con él. Cando chegaron á casa, a súa nai preguntoulle que lle pasara. Él contoullo todo; chamaron á policía e detiveron a todas as bruxas.


Ao final o castelo converteuse nunha granxa de recreo e todos podían ir merendar alí.


Alejandra López 6º-B


No hay comentarios: