Son un hórreo, vivo no concello das Pontes de García Rodríguez (parroquia de Ribadeume), á miña maneira son o gardian do lugar no que vivo. Miro dun lado para o outro a ver cando vexo aparecer os meus donos. Cando isto sucede póñome moi ledo, eles preocúpanse por min como amosa a miña imaxe. Non son moi vello, pero tampouco moi novo; nacín a comenzos do século XX, alá polo 1.904. Teño a idade xusta para empezar a pensar no meu futuro, mentras non toman unha decisión sobre a miña vida serei fiel a tarefa que dende o principio me foi encomendada.
Polo de agora non podo dicir máis, e como unha imaxe vale máis que mil palabras deixovos coa miña para que todos me coñezades un pouco máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario