UXÍO NOVONEYRA

UXÍO NOVONEYRA

1.4.08

VIVO EN ADRAÑO,NO CONCELLO DE CARNOTA

Vivimos en Adraño no concello de Carnota




Si, son un hórreo, un hórreo vello, o máis vello do lugar; testemuña de mellores tempos, cando os meus donos me acompañaban cada día e se preocupaban por min. Agora vivo só, poderíase dicir que estou emancipado, pero tanta libertade so me serve para gardar no meu bandullo os ventos dos nordés que de cando en vez me visitan e xogan coas miñas tellas, deixándome algunhas goteiras que me magoan os días de chuvia no máis profundo da alma.
Aínda me lembro cando os nenos e nenas da aldea corrían preto de min e os cans se cobillaban á miña sombra. Hoxe non hai nenos que anden a rebulir ao meu caron, algunha vez aparece algún de paso e póñome moi ledo.
Non sabedes canto me gustaría volver aos tempos de antes, cando coa chegada do outono me enchían de millo, daquela si que era importante, agora agardo cada día que chegue algún turista pola aldea e me retrate. Cando isto pasa, amoso o mellor dos meus sorrisos. Trato de adaptarme aos novos tempos.

No hay comentarios: