- Este cabaceiro está ubicado na parroquia de Carral, concello de Begonte na provincia de Lugo.
- Está construído en pedra de cantería e madeira, sobre un soporte de pedras de lousa, e ten unhas dimensións aproximadas de 0,90 metros de ancho por 2,70 metros de longo por 2,00 metros de alto.
- No pasado utilizábase para gardar os productos da colleita, como por exemplo. cabazas, millo,cebolas e allos, así como algúns productos da matanza. Agora, neste caso, soamente se gardan algúns productos da colleita, sobre todo mazás.
- Foi construído no ano 1930, sendo modificado soamente os seus componentes de madeira.
- Diferénciase dos hórreos asturianos en que a forma destes é cadrada e a dos galegos, polo xeral é rectangular tal e como se pode ver na fotografía.
Jesús Candal Prado
No hay comentarios:
Publicar un comentario