Na casa da aldea dos meus avós fai moitos anos que teñen un hórreo feito polo meu avó Manuel, data do ano 1948.
Esta aldea está no concello de Begonte e chámase Illán, atópase a vinte kilometros antes de chegar a Lugo capital.
O hórreo é unha construción de madeira erguido sobre pilares para que os animais como os ratos non poidan subir´. É típico de Galicia, Asturias e Cantabria; utilizábanse principalmente como graneiros.
O da miña aldea está preto da casa, o meu avó o fixo de madeiras e chantas erguido sobre uns pilares de pedras.
Mide de longo 3,30m; de ancho 1 m; está a unha altura do chan de 80 cm tendo unha altura de 1,82m.
Mide de longo 3,30m; de ancho 1 m; está a unha altura do chan de 80 cm tendo unha altura de 1,82m.
O hórreo utilizábase para gardar o millo e os productos da matanza do porco que precisaban curación; como os chourizos, xamóns,... e incluso chegaron a gardar queixos.
Agora xa non se utilizan e nel teñen trastos vellos que non saben onde meter, xa que os meus avós son moi maiores e xa non traballan o campo nin teñen animais agás un can.
Arturo Castro López 5º-B
No hay comentarios:
Publicar un comentario