UXÍO NOVONEYRA

UXÍO NOVONEYRA

25.3.08

O HÓRREO DOS MEUS AVÓS

Este é o hórreo dos meus avós. Está no concello de Cerceda, lugar de Queixas (Pao do Lobo).
É un hórreo grande de 5 tramos, os tramos son as táboas que están verticais, entre táboa e táboa é un tramo.
Mide de longo 5 metros, de ancho 1,5 metros e de altura ten 3,5 metros.
Utilizáronse para construilo, madeira de carballo. O tellado é de chapa en forma de uralita.






Construise o 7 de maio de 2005.
Meus avós tiñan outro, tamén de madeira, máis antigo pero tiveron que tiralo, senon derrubábase so.
A súa utilidade era e é para conservar o millo, pois nel está aireado e seco, non ten humidade.
Cando acaban o millo, tamén meten fabas a secar.
Tamén hai hórreos feitos de pedra e tellados con tella do país.
Ruben Mosquera 5º-B





No hay comentarios: