FONTES E LAVADOIROS
“Consérvanse tres lavadoiros* e dúas fontes, unha delas aínda se usa.
Os lavadoiros atópanse no lugar de Laxe, no camiño da Fraga. Hai dous privados, en bastante bo estado, e outro público, restaurado, preto dos anteriores. Hai tamén unha fonte próxima, no lugar de Laxe que está en desuso, e outra en Castro, que aínda segue en funcionamento.
Ao longo de Laxe e Castro discorre un río, que estaba cheo de lavadoiros, onde xurdían tódolos contos do lugar. As novas transmitíanse neses lugares de encontro, onde eran lavandeiras unha grande cantidade de veciñas e tamén algúns homes. Adicábanse a facer lavandería para a cidade veciña, A Coruña, onde non había auga corrente coma hoxe en día. Falamos do primeiro medio século pasado_incluso máis atrás_.
Para o transporte usaban burras** que ían cargadas cos feixes de roupa, que logo repartían porta a porta, aos seus clientes na cidade. En Castro hai unha fonte que aínda se usa. Este era o punto de encontro, sobre todo de rapaces, que no verán gardaban quenda, pola escaseza de auga, para encher os seus caldeiros e tamén as sellas. Sendo tamén lugar de xolda mentras agardaban”
*Os lavadoiros alugábanse anualmente por un peso (5 pesetas)
**Utilizábanse burras en vez de burros , porque as femias son máis dóciles. Levábanse ao ferrador, na rúa Juan Flórez, detrás do cine Doré, e alí as deixaban mentres se repartía a roupa de porta en porta.

LENDA DAS SETE FONTES DE CULLEREDO
Arredor das fontes de Culleredo xira una lenda moi vella, que pasou de pais e nais a fillos e fillas. Contan que había unha vez unha rapaza que ía buscar un feixe de herba. Como pesaba moito non era quen de erguelo, así que pedíu axuda á súa veciña Pepa, que lla negou argumentando que non tiña calzado axeitado para tal labor. A rapaza, chegou á casa e contoulle todo o acontecido á súa nai, que era unha meiga, pero unha meiga mala (das que chaman negras). Esta, botoulle un meigallo á Pepa, que enfermou. Non había médico nin remedio que a sanase. Entón a súa nai , que tamén era meiga, pero boa (das que chaman brancas) argallou un remedio. Este consistía en ir ás 12 da noite collela auga de sete fontes que nunca estiveran secas antes daquela. Polo camiño ían facendo un rezo, de fonte en fonte, e non podían falar con ninguén nin deixar que as interrompira naide, senon non funcionaba o feitizo. Axiña que a Pepa bebeu daquela auga das sete fontes, volveu a ter máis saúde que as follas do buxo novo.
Contan os vellos que esta historia é moi certa, e que por estas e outras cousas semellantes, e non menos abraiantes, hai aquel dito galego coñecido no mundo enteiro que di “Habelas hailas”
E así remata a LENDA DAS SETE FONTES DE CULLEREDO.
O E.N.D.L. agradece a inestimábel colaboración de Dona Carmen Carbón Castelo, veciña de Vilaboa (Culleredo)
1 comentario:
Publicar un comentario