UXÍO NOVONEYRA

UXÍO NOVONEYRA

8.2.10

AS COPLAS DE 5º B

En xaneiro e febreiro
o meu compañeiro
parece un guerreiro.
Cando é ano Xacobeo
dalle un mareo.
Celia

Xa estamos no entroido,
filloas como as que poido.
Ímonos disfrazar
para á xente asustar.
Sofía

Onte fun a ver “Avatar”
e un tío queríame matar;
intentou degolarme
e empezou a dispararme.
Andrés


O entroido vai chegar
e todas o imos celebrar,
comendo as filloas
que fixeron as avoas.

Antenín é amigo de Martín.
Gustaríalles tocar o violín,
pero non queren vir
porque facémolos rir.

Co Xacobeo case me mareo.
Pouco saio ao recreo.
Se non estudio cateo
e non podo visitar o museo.
Anaís

O entroido chegou con orellas,
carne de poco para enchentes,
para que xanten as vellas
e tamen as demais xentes.

Vestirémonos de trapos
perrucas, sombreiros e zapatos.
Como no entroido vale todo
iremos de tontos e bobos.

Meu padriño
fai moi ben as filloas.
Cando acaba de probalas
quédalle a tixola soa.

O meu gato Duque
ten un músculo atrofiado.
Cando ten que correr,
a pata dalle que facer.
Estela

O Antenín de Martín
parece un “Langostín”
Cando toca o violín
baila nun patín.


Co mareo do Xacobeo
quédome coma un xeo.
Teño que ler un tebeo
para acabar co cabreo.
Mauro

Brais e máis Andrés
pasaban a clase falando.
Menos mal que os separaron
pero agora falan berrando.

No entroido imos cantando,
comendo filloas e orellas,
saltando, rindo e bailando.
Algún vai contando ovellas.

A miña amiga Andrea
é unha boa compañeira,
moi caladiña na clase,
pero despois moi festeira.

Este ano no entroido
voulles decir ás miñas avoas
que vaian facendo a masa
para levar ao cole filloas.
Cristina

O Entroido vai chegar
¡Que ben o vou pasar!
Coas miñas compañeiras
voume disfrazar.
Alicia





Este ano houbo temporais.
Coa neve poidemos xogar
e co vento voar.
Sin cole quedamos
e moito disfrutamos.
Adrián L.

Filloas, orellas, rosquillas
comeremos sen parar.
Sentados nas sillas
a barriga vainos estoupar.
Eva

A miña compañeira
botoume unha carreira.
Como é moi guerreira,
leva un sombreiro
de pel de carneiro
Ainhoa

Miña amiga Cristina
é moi presumida.
Sempre con roupa bonita.
Só lle falta unha pulseriña
para ser a máis guapiña

Á miña amiga Aldara
gústanlle moito os contos.
Ten bastantes de fadas
pero poucos de piratas
Andrea

Entroido,entroido,
¡Canto tardas en vir!
para ver aos borrachos
das tabernas saír
Juliane


O noso profesor
moi bromista é.
Todos rimos un montón
e despois deberes a mogollón.

Andrea a de 5º B
está moi caladiña,
pero cando chega o recreo
berra como unha loquiña.
Brais

No hay comentarios: