UXÍO NOVONEYRA

UXÍO NOVONEYRA

6.2.10

ENTROIDO RIBEIRAO


En Santiago de Arriba (Chantada. Lugo) celébrase cada Entroido, un vistoso desfile e actuación duns personaxes chamados "volantes", ou gardiáns, que provistos de campanillas anuncian o paso dos seus señores, tocados con "puchos", especie de grandes sombreiros adornados con flores, cintas, bonecas e plumachos, que resultan moi vistosos, sobre todo cando danzan e atravesan os pastos e hortos para facelos fértiles cando pousan os seus pés enriba eles.
Van acompañados tamén polos margatos ou "peliqueiros", vestidos con "pelicas" (peles de animais), portando un cinto, a modo de látigo, para favorecer e despexar o paso dos volantes e puchos. O desfile acaba no campo da festa onde fan sinxelas representacións nas que participan os viciños da aldea.
É unha festa sencilla, sinceira e chea de colorido, na que a música das campanillas que levan na cintura os volantes, emite un especial e emotivo son cando danzan.

Para máis información visitar a publicación no blog:
http://jubiladosjubilosos-chela.blogs... Categoría: Gente y blogs
Etiquetas: Antroido. Entroido.Entroido Ribeirao. Carnavales de Galicia. Cultura popular.


No hay comentarios: