O antroido vai chegando
e andan todos coma tolos
sobre todo os de sexto
non paran de pedir
pois a Madrid queren ir,
pero eu penso
que van quedar en Allariz.
Noelia Pombo
Se de Antroido queres vir
nada mais que o tes que pedir.
Se de antroido queres vir
pinta o teu nariz.
Se á praia queres ir
ao noso antroido tés que vir.
Se ao antroido queres vir
trae unhas rosquillas e ponte a rir.
Os alumnos desta clase
non queremos traballar,
pois o noso disfraz temos que
inventar.
De seres fantásticos imos ir
e por Vilaboa arriba vanse rir.
Se che gustan as filloas,
as rosquillas, as orellas
e moitas cousas máis
o antroido terás que festexar.
Antía Aller
Se vas ao antroido
saca a pelota
e ponte a xogar un pouco
Estela Martínez Rama
O antroido vai chegar,
rosquillas, orellas e filloas
imos zampar.
O antroido é moi divertido
por eso cando me disfrazo
moito me río.
O antroido vai chegar
e o meu disfraz
está sen preparar.
Aitana Fernández R.
O antroido vai chegar
e todos nos imos disfrazar.
Cousas moi ricas van traer e no
ximnasio as imos comer.
Lucía García Crívaro
O antroido vai chegar
e os nenos xa están a xantar.
O antroido vai chegar
e Juan xa está a brincar.
O antroido vai chegar
e Pilar vai falar.
O antroido vai chegar
e Charo vai explicar.
O antroido vai chegar
e Pilar vaise enfadar.
O antroido vai chegar
e Marisé vai estudar.
David Delgado
O antroido vai rematar
E os nenos van chorar.
Jennifer López
No hay comentarios:
Publicar un comentario