UXÍO NOVONEYRA

UXÍO NOVONEYRA

30.3.08

VIVO NO CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ



Son un hórreo, vivo no concello das Pontes de García Rodríguez (parroquia de Ribadeume), á miña maneira son o gardian do lugar no que vivo. Miro dun lado para o outro a ver cando vexo aparecer os meus donos. Cando isto sucede póñome moi ledo, eles preocúpanse por min como amosa a miña imaxe. Non son moi vello, pero tampouco moi novo; nacín a comenzos do século XX, alá polo 1.904. Teño a idade xusta para empezar a pensar no meu futuro, mentras non toman unha decisión sobre a miña vida serei fiel a tarefa que dende o principio me foi encomendada.

Polo de agora non podo dicir máis, e como unha imaxe vale máis que mil palabras deixovos coa miña para que todos me coñezades un pouco máis.






HÓRREOS GALEGOS E HÓRREOS ASTURIANOS

  • OS HÓRREOS GALEGOS



Este hórreo construiuse no ano 2000. Encóntrase no concello de Culleredo, no paseo do Burgo (xardín botánico).



Está construido de pedra polas paredes e patas e de tellas para o tellado.



É rectancular, mide aproximadamente 3 metros de alto, 3 metros de longo e 1 metro de ancho
No caso deste horreo, a sua utilidade sempre foi decorativa.


Outros hórreos galegos



Nas estradas pódense atopar distintos tipos de hórreos, por exemplo:


Son hórreos moi antigos feitos de madeira.






En todos estos hórreos podemos ver que sexan de madeira ou de pedra, vellos ou novos, a súa forma é a mesma. A súa utilidade era gardar maíz, trigo, cereais, etc, a salvo da humidade e os roedores. Agora mesmo son decorativos.



  • HÓRREOS ASTURIANOS





Este é o típico hórreo asturiano, situado en Granda, concello de Xixón.


É cuadrado e mide maís ou menos 4 metros de ancho, 4 metros de longo e aproximadamente 5 metros de alto.

Ten 4 patas chamadas “pegoyos” que son alongadas, de aproximadamente 2 metros de altura, teñen unha pedra plana cuadrada enriba que impide que suban os ratos ao hórreo.




Ten unhas escaleiras de pedra nun dos lados para poder acceder á porta. As escaleiras non están unidas ao hórreo para que as persoas cheguen ao hórreo e os ratos non.

Neste hórreo podemos ver unha especie de peldaño que sobresae cara as escaleiras para facilitar que as persoas entren.



Está feito de madeira polas paredes e o balcón, de tellas para o tellado e de pedra para as patas.

Antes utilizábase para gardar o maíz, os cereais, o trigo, etc. Agora utilízase de adorno.

Non se sabe a súa data de construción.

Outros hórreos asturianos.

Antes os hórreos utilizábanse como no anterior para gardar : millo, trigo, etc. Na parte de abaixo, gardábanse os instrumentos necesarios para a agricultura: carros,etc. Hoxe, algúns son utilizados para iso mentras que outros utilízanse como trasteiro, para aparcar o coche, protexer cousas da choiva, almacenar cadeiras, etc.


As diferencias entre os hórreos asturianos e as paneiras.

Unha paneira é parecida a un hórreo pero ten 6 patas ou pegollos, ten o tellado a dúas augas mentras que o hórreo o ten a catro augas.




María López Álvarez 5º-B

27.3.08

O HÓRREO DA MIÑA ALDEA. BEGONTE (ILLÁN)

Na casa da aldea dos meus avós fai moitos anos que teñen un hórreo feito polo meu avó Manuel, data do ano 1948.
Esta aldea está no concello de Begonte e chámase Illán, atópase a vinte kilometros antes de chegar a Lugo capital.
O hórreo é unha construción de madeira erguido sobre pilares para que os animais como os ratos non poidan subir´. É típico de Galicia, Asturias e Cantabria; utilizábanse principalmente como graneiros.
O da miña aldea está preto da casa, o meu avó o fixo de madeiras e chantas erguido sobre uns pilares de pedras.
Mide de longo 3,30m; de ancho 1 m; está a unha altura do chan de 80 cm tendo unha altura de 1,82m.





O hórreo utilizábase para gardar o millo e os productos da matanza do porco que precisaban curación; como os chourizos, xamóns,... e incluso chegaron a gardar queixos.

Agora xa non se utilizan e nel teñen trastos vellos que non saben onde meter, xa que os meus avós son moi maiores e xa non traballan o campo nin teñen animais agás un can.



Arturo Castro López 5º-B

UN HÓRREO EN SANTA EULALIA DE CURTIS


Este hórreo está na parroquia de Santaia, concello de Curtis.
As súas medidas son: 5 metros de longo; 2,50 de alto e 1,80 de ancho.
Os materiais son: armazón de pedra e as paredes e a porta de madeira, o teito tamén é de pedra.
A data aproximada da súa construción é arredor do ano 1890.
Outros datos interesantes son que se atopa encima dunha casa e tamén por que dá a entrada da eira.
A utilidade de antes era para gardar as espigas de mainzo e agora tutilizase para ter de adorno.




Martín 5º-B


HÓRREO DE CAMPOLONGO

O hórreo do que vos vou a falar está en Campolongo (Pontedeume).
Polo que eu vin é un hórreo antigo, mide 120 cm de ancho, 480 cm de alto e 440 de longo.



Está feito cos seguintes materiais:

  • O tellado está feito con tella do país.


  • As patredes están feitas de madeira e pintadas de cor granate.


  • Ten unha portiña pequena tamén de madeira e pintada de granate e como cerre unha táboa.


  • O hórreo está enriba de dous pilares de pedra que o sosteñen e para chegar á porta teñen unha escaleira de madeira tamén pintadas.


  • Agora o teñen sen darlle máis uso que o de aadornar o xardín pero antes o usaban para gardar o millo, o trigo ou outras cousas.


  • Pero aínda hai hórreos que se usan para outras cousas máis.

Estefanía Torres Becerra- 5º-B

26.3.08

OS HÓRREOS DAS MIÑAS ALDEAS


Eu teño dúas aldeas e nas dúas teño un hórreo.

Unha delas está en Mourengos, no concello de Vilasantar, o hórreo que hai alí é de ladrillo. Está enriba dunhas escaleiras de pedra e ten un graneiro embaixo. De ancho ten un metro, de longo 8 ou 9 e de alto 2,5 metros.

Antes usábase para gardar mainzo e agora tamén, só que con moita menos frecuencia.

A data aproximada na que se construíu foi 1950.

Os demáis hórreos das fotos son semellantes, só que algúns en vez de ter un graneiro embaixo teñen pés con bases cilindricas, rectangulares, etc.

Algún dato interesante é que adoitan poñer os hórreos en lugares altos para que non entren os ratos, outra é que tamén se lles acostuma a poñer unha cruz enriba da porta para bendecir os alimentos que están dentro.

Os hórreos que están nestas fotografías están nos concellos de Vilasantar e Oza dos Ríos. Hai hórreos recentemente construídos e outros máis vellos. ¡¡Mirádeos!!

Patricia Vázquez Vázquez

HÓRREO OU CABACEIRO


  • Este cabaceiro está ubicado na parroquia de Carral, concello de Begonte na provincia de Lugo.


  • Está construído en pedra de cantería e madeira, sobre un soporte de pedras de lousa, e ten unhas dimensións aproximadas de 0,90 metros de ancho por 2,70 metros de longo por 2,00 metros de alto.


  • No pasado utilizábase para gardar os productos da colleita, como por exemplo. cabazas, millo,cebolas e allos, así como algúns productos da matanza. Agora, neste caso, soamente se gardan algúns productos da colleita, sobre todo mazás.


  • Foi construído no ano 1930, sendo modificado soamente os seus componentes de madeira.


  • Diferénciase dos hórreos asturianos en que a forma destes é cadrada e a dos galegos, polo xeral é rectangular tal e como se pode ver na fotografía.




Jesús Candal Prado

25.3.08

HÓRREOS


Este hórreo é meu, está nunha aldea chamada Cobas, o seu concello é Ferrol, é un lugar moi bonito.

É alargado, formando un rectángulo. Mide 5m de alto, desde a base ata o tellado, 3,70m de longo e 1,10m de ancho.

Ten dúas partes a parte baixa que ten unha altura de 2,5m, a outra é a parte alta que remata no tellado.

A súa base é de pedra, encima ten dúas columnas a cada lado, e dúas no medio, entre cada unha delas hai barrotes de madeira polos que entra o aire, o tellado é de tella.

Antes usábamolo para gardar o mainzo para os animais e outros alimentos. Agora usámolo para gardar cebolas, allos, trigo, etc…

Foi construído no ano 1880, ten uns 128 anos.

Os hórreos, dependendo das zonas, teñen outros nomes, por exemplo: piorno, canastro, cabazo ou cabeceiro.

O meu hórreo ten unha escaleira para subir, a colocamos en horizontal na base para que os ratos non suban a él.

Hai hórreos de distinto tamaño e con materiais de construción distintos.







Andrea Brage López

O HÓRREO DOS MEUS AVÓS

Este é o hórreo dos meus avós. Está no concello de Cerceda, lugar de Queixas (Pao do Lobo).
É un hórreo grande de 5 tramos, os tramos son as táboas que están verticais, entre táboa e táboa é un tramo.
Mide de longo 5 metros, de ancho 1,5 metros e de altura ten 3,5 metros.
Utilizáronse para construilo, madeira de carballo. O tellado é de chapa en forma de uralita.






Construise o 7 de maio de 2005.
Meus avós tiñan outro, tamén de madeira, máis antigo pero tiveron que tiralo, senon derrubábase so.
A súa utilidade era e é para conservar o millo, pois nel está aireado e seco, non ten humidade.
Cando acaban o millo, tamén meten fabas a secar.
Tamén hai hórreos feitos de pedra e tellados con tella do país.
Ruben Mosquera 5º-B





O HÓRREO



O hórreo das fotografías está situado no lugar de Alvedro, concello de Culleredo. Este hórreo non é moi vello, construino no ano 1980 meu bisavó Ricardo. As súas medidas son: tres metros de longo, un metro de ancho e dous metros de alto; a súa base é de cemento,o resto de madeira e o tellado de uralita. Utilizouse sempre para gardar o millo.
Os pilares son aproveitados para facer casetas para os cans.
Alejandro Pérez 5º