UXÍO NOVONEYRA

UXÍO NOVONEYRA

29.1.08

XUIZO DO ENTROIDO



Xuiz: No antroido deste ano
Un xuizo imos facer
para queimar o meco
por un delito cometer.

Nós fixemos una voda
e o antroido estaba ali,
non houbo maior desgracia
dende Vilaboa a Allariz.

Todos: ¡ Culpable, culpable!

Antroido: Vós estades tolos.
Eu non fixen nada.
¡Só quería estar con todos
para comer unha mariscada!

Xuiz: A noiva estaba fermosa
ía dicir que ¡si!
E ti convenciches ao noivo
Para que fuxira de alí.

A noiva púxose enferma
Caeu ao chan desmaiada
Despois de ter un ataque
Quedou para sempre calada.

Todos: ¡ Culpable, culpable!

Antroido: Perdoádeme polo que fixen,
pero a noiva era moi fea,
Eu só axudei ao noivo
Para que non casara con ela.

Todos: ¡ Culpable, culpable!

Xuiz: A voda non se celebrou
Cancelaron o banquete,
E cando viron ao entroido
Fuxiron coma foguetes.

Marcharon os invitados
Estragouse a comida
Puxéronse moi maliños
O padriño e a madriña.

Por todo isto e por máis
No lume haste queimar
Declárote culpable
Pola voda estragada.


Todos: ¡ Culpable, culpable!


Antroido: ¡ Noooooooooooooooon!

No hay comentarios: