UXÍO NOVONEYRA

UXÍO NOVONEYRA

29.1.08

COPLAS DE 5º-B


Para este antroido tan valente
¡coplas de toda a xente!

A Vicente caeulle un dente
e a miña avoa caeulle unha moa.
Manolo toca o bombo
e Antoñete toca o clarinete.
Teño un canciño de nome “Branquiño”
que cando pasea ergue o seu rabiño.
Fran

Rubén quere cantar, e terá que bailar
Gústalle rapear, e ás veces sabe traballar.
Javi vai fumear cando teña que cantar.
Non se pon a traballar, pero sí a xogar.
Ana

Filloas come a xente
e eu rosquillas como mogollón.
Como teño moi bo dente
non me sae barrigón.

O meco imos queimar.
Con tanto fume
ímonos intoxicar.
Jesús

Os pitufos cumpren cincuenta anos.
Todos son azuis e brancos.
Collen fariña nos muíños.
En carnaval tíranlla ós viciños.

Si che gusta o baile, ponte a bailar.
En carnaval débeste disfrazar.
¡Se bailas todos te van imitar!
O moneco vaise queimar,
os coches están a contaminar,
o tabaco vaite matar
e sen ler o xornal non te vas a enterar.
Rokhaya

A xuventude vai de botellón.
Beben alcol a mogollón.
Molestan aos viciños
e vanlles pegar nos fuciños.






Ao Profe ben se lle nota
que é un comellón.
Vai meter a pota
no seu barrigón.

Este ano disfrazámonos de choqueiros,
pero as nenas preguiceiras,
andan todas moi cabreadas
porque querían ir de fadas.

A Cristian, con perdón,
gústalle o “regueton”.
Non para de amolar
e a Nebril de cabrear.
Alejandro

Cando chega febreiro
o cerebro temos baleiro,
xa que o esgotamos
pois a facer coplas andamos.
Cando as coplas inventamos
moi ben o pasamos.
Cando están ben feitas,
de rir, non aguantamos dereitas.

Arturo moi boiño é
e picardía tamén ten.
Xesusiño anda con él
e ao balón dalle ben.

María moito pregunta
e máis nunca apunta.
Andrea moito atende
e a roupa nunca tende.

Martín moi bos rizos loce
máis Bisbal non parece.
Alejandro, gafas ten
máis Manolito Gafotas non é.
Patricia.

Cando chega o carnaval
non te disfraces de animal.
Vístete de princesa,
pero non de condesa.

Silvia un bebé vai ter
e no carnaval vai nacer.
Blanca se chamará
pero a neve non caerá.
Andrea


Os amigos Martín e Xesús
falan moito no autobús,
pero na clase de Relixión
rínse un motón.

Patricia, María e Andrea
son sempre moi amigas.
Traballan como formigas
e non andan de pelexa.

Nos programas de cotilleo
só se fala de morreo.
Eu nunca o vexo
e tampouco teño ningún desexo.

Arturo non é un canguro
por iso non vale un duro.
Como lle gusta bailar
ímolo animar.
María

No comedor moi tolos estamos.
Dunha mesa a outra
moito pan tiramos.

Patricia e Andrea
só saben traballar.
Algunha tarefa
deberáselles olvidar.

Cristian ten moi bo corazón
invita a toda a xente
a ir de botellón.
Como ten bo dente
medraralle máis o barrigón.
Rubén

A miña amiga Rockaya é de Senegal.
Alí celebran outro carnaval.
Non viven como marquesas,
pero bailan cancións senegalesas.

O meu titor José Manuel
pensa que é moi bo el.
Manda moitos deberes
pero, ¿vos os facedes?
Lucía






Xa chega ó carnaval
e moitas filloas comerei.
Se non me sentan mal
ata trinta chegarei.

No antroido deste ano
de choqueiro voume disfrazar
e cos amigos da clase
¡que ben o vou a pasar!
Borja.

Xa estamos no carnaval.
Enterados debedes de estar.
Namorado como un pardal
alguén quere casar.

O meco unha orde vai dicir
e todos a temos que cumplir
¡vai ridículo imos sufrir!

No hay comentarios: