UXÍO NOVONEYRA

UXÍO NOVONEYRA

29.1.08

COPLAS DO ANTROIDO. 4º


O Antroido está a chegar
e eu voume a disfrazar
con zapatos e
vestido de mamá.

Os choqueiros de 4º.-
ao cole contentos van
rindo e correndo
porque o Antroido está a chegar.

En Antroido moitas
filloas imos papar,
haberá orellas a fartar
e fame non a quedar.

De choqueiros nos
imos disfrazar,
temos que ir ben farrapentos
para aos nenos/as asustar

O Meco explotará
a cabeza fará pam!
todos aplaudiremos
e todos riremos

Este ano vai ser o mellor
comeremos moitas filloas
e de choqueiros nos
disfrazaremos.

ANTROIDO 2008


Somos de 2ºA


e no Antroido deste ano,


como coincide coa Paz,


queremos, ata o verano


camiñar xuntos da man.






E para non esquecer


portarnos como boa xente,


decidimos esta vez


facernos todos parentes.

ANTROIDANDO


Se de antroido queres ir


pinta o nariz.

CHEGOU O ENTROIDO


COPLAS E CHOQUEIROS


Este ano fora do colexio
de Elizabeth Swan voume disfrazar
non sei se de pirata ou de dama
moito hai que pesar.

Este ano no colexio
de choqueiros ímonos disfrazar
e o teu traxe
terás que deseñar.

O meu compañeiro Alex
non quere traballar, so falar
cando alguén fala de deberes
el manda a todos calar.

Este ano os de 5º A pediremos
unha quinta parte do mar
antes de que o meco
poda falar.

O profe Rajal
sempre está a pintar
e logo a última hora
ponse a cantar.

Alex de 5º-A
gústalle marta
el come tarta
para recordar a Marta.

O meu amigo Xosé
non para de falar
e cando ven o profe
ponse a traballar.

o meu profe Rajal
creou a Antenín
a quen lle gustou
foi a Martín.

Todos os nenos de quinto , todos xuntos
usaremos a imaxinación
ímonos disfrazar con moitos puntos
temos un dçia de diversión.

Alex é moi pillaban
pero no fondo e bo rapaz
e moi mentireiro
e véselle o plumeiro.

No entroido polos codos comeremos
cachola, patacas, orellas e grelos.
Con moito coidado comeremos
pois senon estouparemos.

Martín o da miña clase
é moi gracioso
pero cando ven o profe
ponse moi estudioso.

COPLAS DE 5º-B


Para este antroido tan valente
¡coplas de toda a xente!

A Vicente caeulle un dente
e a miña avoa caeulle unha moa.
Manolo toca o bombo
e Antoñete toca o clarinete.
Teño un canciño de nome “Branquiño”
que cando pasea ergue o seu rabiño.
Fran

Rubén quere cantar, e terá que bailar
Gústalle rapear, e ás veces sabe traballar.
Javi vai fumear cando teña que cantar.
Non se pon a traballar, pero sí a xogar.
Ana

Filloas come a xente
e eu rosquillas como mogollón.
Como teño moi bo dente
non me sae barrigón.

O meco imos queimar.
Con tanto fume
ímonos intoxicar.
Jesús

Os pitufos cumpren cincuenta anos.
Todos son azuis e brancos.
Collen fariña nos muíños.
En carnaval tíranlla ós viciños.

Si che gusta o baile, ponte a bailar.
En carnaval débeste disfrazar.
¡Se bailas todos te van imitar!
O moneco vaise queimar,
os coches están a contaminar,
o tabaco vaite matar
e sen ler o xornal non te vas a enterar.
Rokhaya

A xuventude vai de botellón.
Beben alcol a mogollón.
Molestan aos viciños
e vanlles pegar nos fuciños.






Ao Profe ben se lle nota
que é un comellón.
Vai meter a pota
no seu barrigón.

Este ano disfrazámonos de choqueiros,
pero as nenas preguiceiras,
andan todas moi cabreadas
porque querían ir de fadas.

A Cristian, con perdón,
gústalle o “regueton”.
Non para de amolar
e a Nebril de cabrear.
Alejandro

Cando chega febreiro
o cerebro temos baleiro,
xa que o esgotamos
pois a facer coplas andamos.
Cando as coplas inventamos
moi ben o pasamos.
Cando están ben feitas,
de rir, non aguantamos dereitas.

Arturo moi boiño é
e picardía tamén ten.
Xesusiño anda con él
e ao balón dalle ben.

María moito pregunta
e máis nunca apunta.
Andrea moito atende
e a roupa nunca tende.

Martín moi bos rizos loce
máis Bisbal non parece.
Alejandro, gafas ten
máis Manolito Gafotas non é.
Patricia.

Cando chega o carnaval
non te disfraces de animal.
Vístete de princesa,
pero non de condesa.

Silvia un bebé vai ter
e no carnaval vai nacer.
Blanca se chamará
pero a neve non caerá.
Andrea


Os amigos Martín e Xesús
falan moito no autobús,
pero na clase de Relixión
rínse un motón.

Patricia, María e Andrea
son sempre moi amigas.
Traballan como formigas
e non andan de pelexa.

Nos programas de cotilleo
só se fala de morreo.
Eu nunca o vexo
e tampouco teño ningún desexo.

Arturo non é un canguro
por iso non vale un duro.
Como lle gusta bailar
ímolo animar.
María

No comedor moi tolos estamos.
Dunha mesa a outra
moito pan tiramos.

Patricia e Andrea
só saben traballar.
Algunha tarefa
deberáselles olvidar.

Cristian ten moi bo corazón
invita a toda a xente
a ir de botellón.
Como ten bo dente
medraralle máis o barrigón.
Rubén

A miña amiga Rockaya é de Senegal.
Alí celebran outro carnaval.
Non viven como marquesas,
pero bailan cancións senegalesas.

O meu titor José Manuel
pensa que é moi bo el.
Manda moitos deberes
pero, ¿vos os facedes?
Lucía






Xa chega ó carnaval
e moitas filloas comerei.
Se non me sentan mal
ata trinta chegarei.

No antroido deste ano
de choqueiro voume disfrazar
e cos amigos da clase
¡que ben o vou a pasar!
Borja.

Xa estamos no carnaval.
Enterados debedes de estar.
Namorado como un pardal
alguén quere casar.

O meco unha orde vai dicir
e todos a temos que cumplir
¡vai ridículo imos sufrir!

ENTROIDO 2008


MÁIS COPLAS




A nosa profe, Dolores
ás veces enferma está;
o malo de ter a gripe
é que nos pode contaxiar.

Cando Virxinia se enfada
ponse a berrar e berrar,
bota a nenos da clase
e a alguén lle di. “vexetal”

Ao meu compañeiro Brais
xa non o podo aturar,
da cadeira ha de caer
e unha labazada ha levar.

A min no me gustan as “mate”
nin Lingua, nin Coñecemento.
Hai que estudiar moito
e é un aburrimento.

No Entroido deste ano
todos ímonos disfrazar;
de choqueiros iremos
e unha voda celebrar.

Concha, a profe de mate
moi faladora che é,
cando lle preguntas algo
non para de responder.

Aida sempre está a rir
¡Moi toliña ela está!
Pero cando lle pregunto
di que eu, o estou mais.

Agora en Coñecemento
estamos dando a enerxía,
eu ben quero aforrala
non facendo máis poesía.

Yolanda, a de 6º B
sempre anda a rexoubar,
o que non lle gusta nada
é que dela poidan falar.

Este ano, na escola,
vou comer moitas filloas.
Dáme igual quen as fixera...
¡todas están moi boas!

Este ano houbo un Pleno,
houbo moitos concelleiros,
Noelia foi de Alcaldesa
por orde dos compañeiros.

Dolores está farta
de ver goma de mascar...
se ve a algún coméndoa
polo pelo vailla pegar.

O meu colexio está en obras,
quero que rematen XA.
Imos ver si os obreiros
póñense a traballar.

Este ano no colexio,
o Meco queren queimar;
sen razón ningunha
un xuízo vanlle dar.

Dolores e mais Concha
de clase andan a cambiar,
no camiño dunha a outra
poñémonos a berrar.

Este Entroido é o último
que os de 6º imos pasar;
cando estemos no instituto
terémonos que amolar.

O Entroido é moi alegre
disfraces hai a montón;
comemos filloas e orellas
e lacón a “mogollón”.

No colexio estiven anos,
vouno botar en falta...
cando vaia para abaixo
mandareivos unha carta.

A miña amiga Noelia
moi estudiosa che é;
boas notas sempre saca
e nunca copia por ninguén.

Temos moitas pegatinas
para podelas cambiar,
Dolores ponse dos nervos
e quérenolas agochar.

Iván, o meu amigo,
come goma de mascar;
a profe sempre lle rifa
e ameázao con copiar.

Todos os da clase
coplas temos que facer
¡moitas, moitísimas!
para na revista poñer.

Dolores colleu un catarro,
por iso faltou tanto;
e agora quere amolar
poñendo moito traballo.

As nosas nais xenerosas,
larpeiradas han facer,
para que todos os nenos
as poidamos comer.

O xoves tócanos pista
e a toda máquina baixamos,
aínda que non gañemos
o bo é que xogamos.

Anxo chegou este ano,
gomiñas me anda a tirar;
eu sígolle a corrente
pero vanme regañar.

O meco deste ano
nós ímolo a facer,
de madeira e de palla
queimado o imos ver.

A nosa titora, Dolores,
moitos catarros ten;
logo veñen substitutos
e non nos caen moi ben.

Saltar a dúas cordas
un pouco de rolo é
pero Susy di que é fácil
e tentámolo facer.

A nosa profe, Virxinia,
inglés vainos ensinar;
espero non suspender
porque mal vouno pasar.

A Lorena e a Aida
danlles ataques de risa;
despois de rir un anaco
rebéntalles a camisa.

O meu amigo Brais
sabe debuxar moi ben,
dende unha pequena mosca
ata un enorme tren.

Concha, a outra titora,
moi boíña sempre é,
ponnos poucos deberes...
querémola como a ninguén.

Os nenos da miña clase
picariños si que son,
en canto sae a titora
¡comeza a diversión!

Diante séntase Leidy
e nunca para de cantar,
o día que non o faga
irémolo celebrar.

Debemos facer o meco,
e a súa orde tamén;
nós temos moito traballo
e non axuda ninguén.

O meu amigo Jhon
cabreado sempre está ;
ao seu carón está Leidy
e non a pode aturar.

Mauro non está quieto
e non para de falar,
co seu compañeiro Diego
¡non se poden aguantar!

Este ano no colexio
hai disfraces de choqueiro,
os nenos levan vestido
e tamén un bo sombreiro.


Diego, o neno do meu lado
un pelo moi longo ten,
todos llo despeiteamos
pero el colócao ben.

Alexandra , a de 6º,
moi presumidiña é,
sempre luce pola clase
o gran moño que ten.



COPLAS dos rapaces de 6º










POLO ANTROIDO


AS NOSAS COPLAS


Veñen as festas, os risos,
o traballo que facer,
vaite preparando amigo
¡a túa copla queremos ler!


Tamén veñen os disfraces
que de distintas teas son
hai de seda e de lá
pero tamén de algodón.

A nosa profe Dolores
moito se ten que coidar
e se non se coida
ao Antroido vai faltar.


Xian, o da nosa clase,
moito xenio che ten,
ten coidado co que lle dis
que senón terás que correr.

Os nenos da nosa clase
xogan ao fútbol sen parar,
non sei o que lles pasa
que sucios sempre están.

Iván o da miña clase
moi repeiteadiño che é
pero á hora de facer os deberes
iso non vai con el.

Jenni a da miña clase
moi listiña che é
e quere cambiar de sitio
para non estar con Yoel.

Sandra a da miña clase
moi guapiña che é
pero ten coidado que non teña dúbidas
que non acaba de entender.

A profe Dolores
sempre colle catarros,
non hai nin un ano
que non pille un constipado.

A miña profe Concha
moi boa é
pero se te ve non atender
un bo susto vaiche meter.

Sandra a da miña clase
moi guapiña é
pero se está enfadada
¡mais che vale correr!

Dolores a da miña clase
reñe e rifa sen parar
cando ao Carlos ve
de cotío falar.

A Yoel e a min
moito nos gusta falar
pero cando Concha nos cacha
poñémonos a estudiar.

As nenas da miña clase
sempre me andan a amolar
pero cando ás profes me achego
votan todas a voar.

Coa miña amiga Sandra
non se pode dialogar
porque se lle levas a contraria
os oidos pódenche estoupar.

A nosa profe Concha
moi boiña che é
pero cando manda deberes
ninguén diante a quere ver.

Adalgisa e Raquel
son altas a mais non poder
por eso a miña nai me di
de todo debes comer.

Fungo, a nosa mascota
moi bonitiño che é
salta e salta sen parar
ata que ten que descansar.

Celso ten moi bo carácter
moita paciencia che ten
pero cando se enfada
¡corre! ¡non te achegues a el!

Zapatero é moi pillo
e Rajoi é moi serio
e eu non vos vou dicir
cal dos dous quero que gañe.

A nosa mestra de música
sempre está a berrar
e a súa gorxa
nunca lle ha curar.

Na clase Sandra e Iván
sempre andan a falar
pero cando lles reñen
andan a calar.


Á miña amiga Cristina
sempre a fan enfadar
porque Xian o da miña clase
non fai máis que molestar.

Carlos moi inquedo é
na clase non para sen se levantar,
un día a mestra
á silla vaino pegar.

O meu amigo Álvaro
sempre caladiño está
pero cando chega o recreo
non para de falar.

A miña compañeira Jenni
sempre anda a tocar
pero cando ti a tocas
deseguida ponse a chorar.

A nosa compañeira Cristina
sempre anda a pensar
e cando a desconcentras
pronto che ha rifar.

Cristina e Jenni moita rabia me dan
sempre me andan reñendo
pero se ti lles dis algo
á profe vanse chivar.

Ca nosa mestra Susy
non podes descansar
mándache correr e correr
sen poder nen respirar.

No cume da montaña
vese o sol amencer
pero é mellor contemplar
o que vai ocorrer.


As nosas profes no Antroido
quérennos axudar
pero o resto do ano
poñen deberes a fartar.

Algúns nenos da clase
non paran de pegar
pero ti a eles
non lles podes nin tocar.

Concha e mais Dolores
boas profes son
pero á hora de poñer deberes
pásanse un montón.

Gústame vir ao colexio
para ver aos meus amigos
e xuntos aprender
a conxugar o subxuntivo.

Os nenos da miña clase
son bos compañeiros
pero para aguantalos
hai que amansalos primeiro.

Iván o da miña clase
parece un bo meniño
pero espera a coñecelo ben
e verás que é un diabliño.

A nosa amiga Vero
non hai quen a ature
dislle calquera cousa
e xa che pega co guante.

Son o moneco do Antroido
pronto vanme queimar
así que as miñas cousas
tereivos que dar.

O pobre do meco
moito non vai durar,
un día se prepara
e ao seguinte vaise queimar.

Con eso despídome de ti
pois teño que marchar
a preparar a miña copla
¡aínda está sen rematar!

ANTROIDO











XUIZO DO ENTROIDO



Xuiz: No antroido deste ano
Un xuizo imos facer
para queimar o meco
por un delito cometer.

Nós fixemos una voda
e o antroido estaba ali,
non houbo maior desgracia
dende Vilaboa a Allariz.

Todos: ¡ Culpable, culpable!

Antroido: Vós estades tolos.
Eu non fixen nada.
¡Só quería estar con todos
para comer unha mariscada!

Xuiz: A noiva estaba fermosa
ía dicir que ¡si!
E ti convenciches ao noivo
Para que fuxira de alí.

A noiva púxose enferma
Caeu ao chan desmaiada
Despois de ter un ataque
Quedou para sempre calada.

Todos: ¡ Culpable, culpable!

Antroido: Perdoádeme polo que fixen,
pero a noiva era moi fea,
Eu só axudei ao noivo
Para que non casara con ela.

Todos: ¡ Culpable, culpable!

Xuiz: A voda non se celebrou
Cancelaron o banquete,
E cando viron ao entroido
Fuxiron coma foguetes.

Marcharon os invitados
Estragouse a comida
Puxéronse moi maliños
O padriño e a madriña.

Por todo isto e por máis
No lume haste queimar
Declárote culpable
Pola voda estragada.


Todos: ¡ Culpable, culpable!


Antroido: ¡ Noooooooooooooooon!

POLO ANTROIDO



















ESTE ANTROIDO COMO É NORMAL



QUERÉMOLO PASAR FENOMENAL







SE DE ANTROIDO QUERES VIR

PON A GRAVATA E BÓTATE A RIR.




EI 5 ANOS