O RATO INXENIOSO
Todos os días Don Teixón sentábase nunha rocha e contaba contos a tódolos que o rodeaban. Tódolos animais escoitaban atentamente, pero aquel día o rato Roe -Roe pasou ao seu lado sen escoitar a Don Teixón. Todos se estrañaron ao ver ao rato cargado de ferramentas. Levaba unhas táboas ao lombo e quixeron saber que estaba tramando.
-¿A onde vas con esa carreta?-preguntáronlle.
-Non me entreteñades que teño moito que facer -contestoulles o rato Roe -Roe.
-Eh, amigos! Roe -Roe trama algo -dixo o oso -Pasou sen saudar e cunha carreta.
-Por qué non o seguimos e así saímos de dúbidas?-contestáronlle o esquío e o coello.
Os tres amigos seguiron os pasos do rato Roe -Roe e o atoparon subido nunha árbore. Traballaba duramente cravando as táboas nas pólas da árbore. O señor Moucho observaba fixamente o traballo do rato. Sabía que era moi arriscado e que corría perigo. Ai que caio!, oíron berrar ao rato Roe -Roe mentres caía ao chan. Pero o señor Moucho seguía observando todos os movementos do rato e en canto viu que caía abalanzouse sobre el. O señor Moucho sen pensalo dúas veces, suxeitou coas súas garras o traseiro do rato, mentres oía berrar aos seus amigos.
-Apartádevos se non queredes que vos caía unha táboa na cabeza -dixo o señor Moucho.
E preguntoulle ao rato que facía subido a esa árbore. O rato contestoulle que estaba a facer unha casa para vivir tranquilamente lonxe dos berros da xente e dos espantallos que lle dan medo. E logo dixo o rato que como xa vira que era moi arriscado xa non ía seguir coa construcción da casa.
Ao día seguinte, mentres os amigos disporíanse a escoitar outra historia de Don Teixón, viron pasar ao rato Roe -Roe empuxando outra carreta chea de ferramentas. ¡Quería facer outra casa!
-É que non tiveches dabondo?-preguntáronlle.Queres levar outro golpazo?
O rato invitou aos seus amigos a que viran a súa nova casa. Xa non a ía construír sobre unha árbore, decidira ter unha casa baixo terra, así non podería caer. De agora en adiante viviría coma as toupas.
CRISTINA VÁZQUEZ VÁZQUEZ- 4º B
14.1.10
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario