UXÍO NOVONEYRA

UXÍO NOVONEYRA

15.1.10

AS MINAS DE VOLFRAMIO DE BALARÉS



As minas de volframio en Balarés

As minas de Balarés existiron sobre os anos 50 e 60 e nelas traballaban xente dos arredores. A empresa chamábase Titania S.A. Un xefe desta empresa chamábase D.Castro
Hai veciños que aínda lembran cómo eran as minas, a pesar de que agora xa soamente quedan os restos das naves.
Nelas extraíase o volframio algo de cobre e algún material máis .Incluso contan que nalgunha ocasión se chegou a atopar unha pebida de ouro.
O que hoxe en día coñecemos como peirao, foi feito polos donos das minas para poder transportar o mineral.
A xente que alí traballaba tiña entre 16 e 63 anos, e eran homes e mulleres indistintamente. Non tiñan un uniforme e ían ata o traballo á pé (arredor duns 3 km para ir e outro tanto para volver). Empezaban as 8 da mañá e acababan arredor das 5 da tarde, e podían incluso traballar algún domingo si había que cargar algún barco. Ademais levaban o xantar da casa, que logo quentaban e comían todos xuntos as 12 do mediodía.
Algúns traballadores recollían area na praia, un ou dous cargaban e outros carretaban esa area en bacías ata o edificio. As bacías estaban feitas de madeira, eran cadradas e levábanse na cabeza.
A area peneirábase primeiro a man, nunha especie de cribos e logo pasábase a unha máquina, que tiña unha especie de mesa onde se seguía limpando. Logo pasaban a un forno onde a secaban e posteriormente a unha criba mecánica, chamada supercribadora, onde era clasificada segundo a súa valía. Unha vez que xa estaba peneirada devolvíase ó mar. O volframio extraído era levado por camións ou ás veces metíano en sacos de 50 quilos e cargábamos en lanchas pequenas que o transportaban ata o peirao de Corme a barcos de maior tamaño. Durante todo este tempo os empregados cantaban cantigas populares relacionadas co traballo (non recorda ningunha).por todo este traballo cobraba 140 pesetas, aínda que o soldo non era para todos igual, xa que os homes cobraban máis que as mulleres.
Ademais, dispoñían de un economato, aínda que algúns non accederon a el. O capataz era a persoa encargada de tratar cos traballadores.
A mina acabou por pechar polo custoso do transporte do material e pola súa escaseza.

Había algúns barcos de pobos pretos, como Laxe que viñan pescar e usaban redes para capturar os peixes. Os traballadores de Titania S.A. axudábanlles tirando polos boliches (por unha corda) e como recompensa levaban peixes de pequeno tamaño en bolsas ou en caldeiros para comer na casa.
Como dato curioso, podo contar que esta veciña levou unha grata sorpresa cando se atopou que cotizaran por el ela na Seguridade Social, xa que naqueles tempos era moi raro que o fixeran por unha muller, ademais de ser unha época na que a situación económica era regular e non había posibilidade de encontrar traballo fóra de agricultura ou da gandería.
Se segue interesado neste tema a A.C. Monte Branco está realizando unha recreación sobre este tema e incluso pode ser que coa axuda da Deputación publiquen un libriño.

BRAIS RAMA MATO - 5º B












14.1.10

Os gatiños Tiguer e Michi

Os gatiños Tiguer e Michi.
Érase unha vez uns gatos que vivían nunha preciosa casa de monte,os gatos chamados Tiguer e Michi decidiron ir dar un paseo
polo monte.
Michi preguntoulle a Tiguer.
-Oe, gustaríache ir dar unha volta polo
monte ?
-Por que non!- contestoulle Tiguer.
-Entón imos!
E os dous gatiños foron dar unha volta.
-Oes un río Michi?- dixo Tiguer.
-Non sei!
-Imos entón.
E alí foron os dous gatos correndo.
Encontraron un río cheo de peixes. Os dous gatos relambéronse ao ver o que descubriran.
Tiguer díxolle a Michi:
-Qué tal se nos paramos neste sitiño acolledor?..
E así foi entón.
Os dous gatos pararon a merendar no río.
Cando xa tiñan a barriga chea de ricos peixes seguiron paseando .
De súpeto fíxose de noite e os dous coa escuridade perdéronse e decidiron subir a una árbore polo medo e para refuxiarse.
Pola noite estaban asustados polos sons.
Os dous cachorros baixaron da árbore e correron camiño á casa.
Ao final dixéronse un ao outro:
-Nunca máis volveremos pasear tan lonxe!

ALBA CABRERA- 4º B

O RATO INXENIOSO

Todos os días Don Teixón sentábase nunha rocha e contaba contos a tódolos que o rodeaban. Tódolos animais escoitaban atentamente, pero aquel día o rato Roe -Roe pasou ao seu lado sen escoitar a Don Teixón. Todos se estrañaron ao ver ao rato cargado de ferramentas. Levaba unhas táboas ao lombo e quixeron saber que estaba tramando.
-¿A onde vas con esa carreta?-preguntáronlle.
-Non me entreteñades que teño moito que facer -contestoulles o rato Roe -Roe.
-Eh, amigos! Roe -Roe trama algo -dixo o oso -Pasou sen saudar e cunha carreta.
-Por qué non o seguimos e así saímos de dúbidas?-contestáronlle o esquío e o coello.
Os tres amigos seguiron os pasos do rato Roe -Roe e o atoparon subido nunha árbore. Traballaba duramente cravando as táboas nas pólas da árbore. O señor Moucho observaba fixamente o traballo do rato. Sabía que era moi arriscado e que corría perigo. Ai que caio!, oíron berrar ao rato Roe -Roe mentres caía ao chan. Pero o señor Moucho seguía observando todos os movementos do rato e en canto viu que caía abalanzouse sobre el. O señor Moucho sen pensalo dúas veces, suxeitou coas súas garras o traseiro do rato, mentres oía berrar aos seus amigos.
-Apartádevos se non queredes que vos caía unha táboa na cabeza -dixo o señor Moucho.

E preguntoulle ao rato que facía subido a esa árbore. O rato contestoulle que estaba a facer unha casa para vivir tranquilamente lonxe dos berros da xente e dos espantallos que lle dan medo. E logo dixo o rato que como xa vira que era moi arriscado xa non ía seguir coa construcción da casa.
Ao día seguinte, mentres os amigos disporíanse a escoitar outra historia de Don Teixón, viron pasar ao rato Roe -Roe empuxando outra carreta chea de ferramentas. ¡Quería facer outra casa!
-É que non tiveches dabondo?-preguntáronlle.Queres levar outro golpazo?
O rato invitou aos seus amigos a que viran a súa nova casa. Xa non a ía construír sobre unha árbore, decidira ter unha casa baixo terra, así non podería caer. De agora en adiante viviría coma as toupas.


CRISTINA VÁZQUEZ VÁZQUEZ- 4º B