UXÍO NOVONEYRA

UXÍO NOVONEYRA

20.2.09

ENTROIDO 2009

Un ano máis a comunidade educativa do CEIP SOFÍA CASANOVA de Culleredo deixouse tentar polo entroido. Tanto grandes coma pequenos participaron activamente neste día de fes.

Non faltaron os concursos de careutas, a elaboración de coplas e disfraces asi como a lectura do testamento.

O alumnado do 2º ciclo de Ep xunto cos seus compañeiros de 5º acompañados polos seus profesores e a axuda de protección civil do concello saíron á rúa chegando ata a praza da igrexa da Corveira.

Moitos conductores que a media mañá pasaban pola estrada 550 camiño vironse sorprendidos por estes rapaces que ataviados cos traxes típicos de distintos pobos do mundo ( India, Exipto, etc.) sementaron uns minutos de alegría entre os máis grandes.

1 comentario:

Departamento de LGL dijo...

Convocatoria aberta a todos os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística

Ola a todos/as

Somos un grupo de persoas que está a traballar en ENDL de diferentes centros de Ensino da zona de Santiago que nos xuntamos para falarmos de como podemos afrontar a nova situación canto á normalización da nosa lingua. Dado que as cousas van mudar, e parece que non para ben, consideramos que é necesario transmitirlle á sociedade e ao novo goberno o que pensamos ao respecto dos cambios anunciados. Por iso vos convocamos a unha reunión que se celebrará o vindeiro sábado 28 de marzo ás 16.30 da tarde no Instituto Galego de Información (IGI) (San Marcos, Estrada do Aeroporto, ao pasar o Hotel Apóstol Santiago). O obxectivo da reunión é o seguinte:

-Avaliarmos a posibilidade de facermos pública a nosa posición canto ao Decreto 124/2007, que se quere derrogar. Levaremos un texto base para consensuarmos antes de mandalo aos medios. Sería un texto de carácter técnico, como normalizadores que somos, e para nada incompatible con outros posicionamentos que poidan facer outras organizacións sociais e políticas que fagan algo ao respecto.

#blgtk08#-Pensarmos na posibilidade de crearmos unha Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para actuar colectivamente a prol da nosa lingua tanto a nivel particular, nos nosos centros, como en xeral, na sociedade.

Por favor, comunicádelle esta convocatoria a todos cantos membros dos ENDL coñezades, e que polos motivos que foren non leron esta información. Agardamos contar coa vosa asistencia para entre todos poder traballar para conseguir obxectivos normalizadores.

Por favor, confirmade asistencia, se é posíbel, enviando un correo a miguel.louzao@gmail.com

Saúdos a todos/as

Miguel Louzao (IES Coroso-Ribeira)
Valentina Formoso (IES Félix Muriel- Rianxo)
Román Cerqueiro (CPI Aurelio-Cuntis)
Xesús Mosquera (CRA de Santa Comba)
Luís Aldegunde (CPI de Rois)
Sara Paz (CPI da Baña)
Pilar Buela (IES de Valga)
Ana Rial (IES Aquis Celenis de Caldas de Reis)
Gracia Sanctorum (IES Pintor Colmeiro-Silleda)
Sechu Sende (IES Marco do Camballón-Vila de Cruces)
Daniel Asorei (CPI de Touro)
Xoán Constenla (CPI de Portas)