UXÍO NOVONEYRA

UXÍO NOVONEYRA

20.2.09

ENTROIDO 2009

Un ano máis a comunidade educativa do CEIP SOFÍA CASANOVA de Culleredo deixouse tentar polo entroido. Tanto grandes coma pequenos participaron activamente neste día de fes.

Non faltaron os concursos de careutas, a elaboración de coplas e disfraces asi como a lectura do testamento.

O alumnado do 2º ciclo de Ep xunto cos seus compañeiros de 5º acompañados polos seus profesores e a axuda de protección civil do concello saíron á rúa chegando ata a praza da igrexa da Corveira.

Moitos conductores que a media mañá pasaban pola estrada 550 camiño vironse sorprendidos por estes rapaces que ataviados cos traxes típicos de distintos pobos do mundo ( India, Exipto, etc.) sementaron uns minutos de alegría entre os máis grandes.

8.2.09

SUSPENSIÓN DE CLASES

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria suspende as clases en toda a Comunidade Galega mañá luns 9 de febreiro de 2009.
Máis información no seguinte enderezo https://www.edu.xunta.es